Friday 19 de April de 2024

Últimas prazas vacantes para as actividades de EstimulaAcción


EstimulaAcción é unha actividade pensada para as persoas maiores de 60 anos de Oleiros que inician un deterioración cognitiva. Cando non é posible seguir asistindo, pola súa situación cognitiva, aos obradoiros de Memoria, este é un recurso ponte, antes de contemplar a asistencia a un centro de día, ou ben mentres as persoas esperan a que a Xunta de Galicia lle adxudique praza.

Os obxectivos que se perseguen son mellorar a calidade de vida da persoa afectada pola deterioración cognitiva e do seu contorno familiar, promover a autonomía da persoa afectada pola deterioración cognitiva, manter as capacidades físico-cognitivas durante o maior tempo posible e potenciar a interacción social.

As sesións desta actividade son os mércores e venres de 10:00 a 12:00 horas, no Centro cívico de Santa Cruz. As persoas que desexen máis información ou inscribirse poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade ou ao teléfono 981 610 000.